Marca de auga da páxina

Inserir un texto de marca de auga no fundo do estilo de páxina actual.

Para acceder a esta orde...

Escolla Formato - Marca de auga.


Unha marca de auga é unha imaxe ou patrón no papel identificativos que aparece como diversos tons de brillo ao velos con luz a través. As marcas de auga creábanse orixinariamente directamente durante a fabricación do papel para desanimar a falsificación de documentos, billetes, selos, etc.

Use marcas de auga no LibreOffice para simular unha marca de auga no papel nas páxinas dos documentos.

Encha a configuración do diálogo de embaixo.

Icona Nota

Os valores introducidos aplícanse ao estilo de páxina real.


Diálogo de marca de auga

Texto

Introduza o texto da marca de auga que desexe mostrar como imaxe no fondo da páxina.

Tipo de letra

Seleccione o tipo de letra na lista.

Icona Nota

Non é posíbel escoller o tamaño nin o estilo do tipo de letra do texto da marca de auga. O tamaño do texto redimensiónase para caber nunha liña no fondo da páxina.


Ángulo

Seleccione o ángulo de rotación da marca de auga. O texto xírase neste ángulo en dirección contraria á das agullas do reloxo.

Transparencia

Seleccione o nivel de transparencia da marca de auga. Un valor do 0% produce unha marca de auga opaca e un valor do 100% é totalmente transparente (invisíbel).

Cor

Seleccione unha cor do menú despregábel.

Para cambiar o contido ou configuración da marca de auga.

Se a marca de auga en uso é un texto inserido pola orde do menú Formato - Marca de auga ou pola configuración de clasificación do documento, pode editar o contido e a configuración ao abrir o diálogo da marca de auga.